S.D. Negreira, éxito total.
![]() |
| Corpo técnico e directiva do fútbol base |
A cea celebrada o pasado Sábado día 19 no Hotel Millán de Negreira foi novamente, segundo comentan a maioría dos seus asistentes, "un gran evento e un acto moi acolledor". Malia que o tempo non acompañaba, os asistentes non titubearon a hora de asistir; pais e nais, xogadores, simpatizantes, directivos e ata o propio alcalde da vila Jorge Tuñas acudirían á velada.
A cea todo un éxito, os actos que a sucederon, mellores se cabe. Logo de saciar os estómagos, chegaron as sorpresas da noite, un gran sorteo para todos os asistentes de varios xogos de copas e toallas no que o señor Tuñas sería "a man inocente" que sacaría as papeletas gañadoras. Para amenizar a velada, o equipo contou coa presenza de unha das mellores cantantes do país e participante de varios shows televisivos entre os que destacan Operación Triunfo.
Remataría a noite no propio pub do Hotel Millán, con sesión discoteca.
