martes, 19 de abril de 2016

Leer máis...

CRÓNICA DA SEMANA


"NUNCA DEJES DE CREER"

FICHA DO PARTIDO: ENLACE

"Aquí algo pasou, houbo un cambio de actitude", eran as verbas que se escoitaban nas gradas de Cepelo. E vaia se estaban no certo, algo cambiou. Tocaba espertar.

16:00 do Sábado. Campo Municipal de Cepelo. Arrancaba o encontro correspondente coa Xornada 30 . S.D. Negreira - S.D. Compostela.

Xá dende os primeiros minutos de encontro, o equipo local deixaría claras as súas intencións, recuperacións de balón en campo contrario, forte presión e que o Compos non saíse co balón xogado, e así foi, a forte presión levada a cabo por todo o equipo local, obrigaría o Compostela a realizar continuos desprazamentos en largo, rifando o balón e provocando numerosas recuperacións por parte da defensa nicrariense.
E foi así, como no minuto 11' de encontro, logo dunha recuperación en campo contrario, chegaría o gol do Negreira da man de Yassine e asistido por Alvite, con un gran pase co calcaño.
Toda a primeira metade transcurriría na mesma línea, con un Negreira ben plantado no campo, demostrando saber traballar moi ben sen balón e creando numerosas ocasións, así ate o 28', no que Alberto anotaría o segundo na conta dos roxillos logo dunha boa definición dentro da área.

Xá na segunda metade, o asunto ía cambiar. Sería o equipo dirixido por José Ramón o que se faría coas rendas do partido na procura da remontada. A presión local deixou de ser o coordinada que estaba a ser durante os primeiros 45 minutos e o cansanzo facía mella nos xogadores locais. O Compos era o dominador e creador de ocasións, pero un gran Peque e unha gran labor defensiva conseguiron frear as chegadas do equipo santiagués. O terceiro dos goles chegaría a 13' minutos do final, sería éste o que remataría coas esperanzas de remontada visitantes, falta lateral favorable o equipo vermello que Fabían colgaría a área e que Pichi remataría, sen posibilidades para o porteiro, gol con dedicación especial. Alberto, aprobeitando o mazazo que supuxo o 3-0 para o equipo da capital, faría o definitivo 4-0 un minuto despois (78').

Destacar o acerto de Rubén Forján coa preparación deste encontro e cos cambios, sobre todo coa entrada de Álvaro Fajín no 65' de encontro, que aportaría moito ao equipo, desbordando continuamente por banda dereita e colgando bos centros a área. Destacar tamén o grande sacrificio e traballo do equipo. Noraboa tamén ó porteiro cadete Ricardo Vidal polas boas intervencións durante os seus minutos no campo.

E non se podia rematar a crónica do partido sen facer mención do ocurrido no 86', xá a piques de rematar o encontro e co partido decidido, aparecería un novo protagonista, pero non sería un xogador, sería o Sr. Rubén Rodríguez, árbitro do encontro, que sen motivo algún expulsaría a Delegado e Adestrador local. Respetable pero inxusta a decisión arbitral. 

Destacados por parte da S.D. Compostela: Jorge A. Parcero e Matías Campos.
Destacados por parte da S.D. Negreira: Vicente Pérez e Álvaro Alvite.

Intensidade, comunicación, amizade, respecto, sacrificio e sobre todo EQUIPO , son as claves para afrontar da mellor maneira posible os derradeiros encontros da tempada 2015/16 . 

AUPA NEGREIRA!