domingo, 28 de febrero de 2016

Leer máis...

O S.D.Negreira "B" golpea con máis precisión e lévase o derbi.
Prebenxamín da S.D. Negreira golpeando a portería.
Click para ampliar.


FICHA DO PARTIDO

E por fin chegaba o tan ansiado Sábado de derbi, no que os equipos prebenxamíns da S.D. Negreira se enfrontaban nun emocionante mais que importante encontro no campo municipal de Cepelo. 
A rivalidade ("de la sana") entre ambos equipos era máxima, sobre todo entre aficcións e adestradores. Partía como favorito o equipo de Rubén Forján, pola súa colocación na táboa, pero desta volta as enquisas levadas a cabo uns días antes non fallarían.
Arrancaba o encontro con tanteo por ambos os dous equipos, dous equipos que se coñecen moi ben. Quizáis a maior sorpresa sería a alineación coa que saltou o campo o equipo adestrado por Leandro, modificando a súa formación habitual por un 2-3-2. 
Nunha das primeiras ocasións, a piques de rematar a primeira metade, cun forte chute de Rubén, que está a destacar nos últimos encontros, chegaría o primeiro tanto do partido que poría por diante o S.D. Negreira "B".Xa na segunda metade, o equipo adestrado por Forján adiantaría as súas líneas para tentar atopar o tanto que empatase o encontro, as ocasións para poñer táboas no marcador foron múltiples, o partido abriríase e un despiste podería aprobeitalo o equipo visitante saíndo a contra. E foi así, como no minuto 34, logo dunha pérdida de balón no medio campo por parte do S.D.Negreira "A", Izán sairía á contra rematando a xogada nos pés de Martín Figueiras e ampliando a vantaxe a poucos minutos do final. Lonxe de baixar os brazos, o equipo local continuou co seu traballo tentando meterse no partido, recortaría vantaxes Brais Bouzas no minuto 49, xá demasiado tarde.

Destacar a importante mellora por parte de ambos equipos da S.D.Negreira. Destacar tamén a rivalidade pero grande amizade entre aficcións de ambos equipos.
Partido emocionante no que pasase o que pasase, a S.D.Negreira Prebenxamín gañaría.