O fútbol base da S.D. Negreira visita Riazor, nin a choiva nin os fortes ventos impediron que os nenos puidesen disfrutar dun emocionante encontro entre R.C. Deportivo e Betis.
![]() |
| Xogadores do fútbol base en Riazor co plantel do R.C. Deportivo. Click para ampliar |
O pasado sábado día 13 de Febreiro, 45 nenos do fútbol base da S.D. Negreira categorías prebenxamín, benxamín e alevín, convidados polo R.C. Deportivo da Coruña, asistiron a Riazor para presenciar o encontro ligueiro disputado entre o R.C. Deportivo e o Betis correspondente á xornada número 24.
Partindo dende Negreira, todos os nenos cos monitores de fútbol base: Adrián Crespo, Brais Crespo, David Viqueira, Leandro Eiras, Juan D. Rodríguez, Manuel Villar e acompañados polo presidente do primeiro equipo Antonio Fraga, emprenderían unha pequena viaxe de 1 hora ata chegar á cidade Herculina. As gañas de fútbol eran tales que no autobús non se escoitaría outra cousa que: "Canto falta?, Falta moito?" pregunta que se repetiría cada 5 minutos.
Unha vez xá en Riazor, comezaba unha longa espera de intriga, ilusión e unha espera na que os problemas persoais se esfumaban. Daba igual que o equipo preferido fose Real Madrid ou Barcelona, no momento no que os nenos vestiron a camiseta "branquiazul" e atravesaron as grandes portas de Riazor, o seu equipo pasaría a ser o Depor. E así, co paso do tempo, chegou o momento de que os
pequerrechos saltasen ao campo a sacar a foto cos xogadores; sorrisos, berros, nerviosismo... Cómo describir ese momento no que se ten detrás a Lucas Pérez, Arribas, Lux, Fayçal Fajr, Bergantiños... A imaxe que poden ver na cabeceira vale máis que toda descripción que lles poidamos dar. Logo do gran momento de A Foto, porque non era unha foto calquera, era A Foto, tocaba disfrutar do fútbol, e tocaba festexar os goles do Deportivo, malía que o resultado non foi todo o positivo que todos quixésemos, o disfrute foi máximo.
Agradecementos ao R.C. Deportivo da Coruña polo convite. Agradecementos en especial a Leandro Eiras, adestrador do fútbol base da S.D. Negreira, por todo o traballo e trámites que realizou para que todo fóse posible. Grazas Leandro.
Seguiremos a traballar con humildade, esforzo e ilusión para que equipo, xogadores e aficción poidamos disfrutar do fútbol en Negreira.
