miércoles, 30 de diciembre de 2015

Leer máis...


TORNEO DE FÚTBOL 8 S.D. NEGREIRA





O pasado Sábado día 26 de Decembro, o Campo Municipal de Cepelo puido ver un dos mellores torneos celebrados na vila de Negreira, rexistrando unha das mellores entradas dos últimos anos.
A choiva dou tregua a que se celebrasen da mellor forma posible todos os partidos, e así foi, co agarimo do público e a entrega de todos os rapaces puido a xente disfrutar de cada un dos encontros celebrados.
O equipo da vila, contaría con 5 dos equipos participantes, 2 equipos alevíns, 1 equipo benxamín e 2 equipos prebenxamíns. En canto a categoría alevín, os equipos locais non lograron pasar da fase de grupos, aínda así, malia as adversidades, os nenos disfrutaron no campo. Foron os benxamíns da S.D. Negreira os que deron a sorpresa chegando a disputar a gran final, sen conseguir gañala, logo dun gran xogo na fase de grupos con victorias en ambos os dous partidos e unha contundente victoria en semifinais diante do equipo A Baña S.D. Os máis pequenos do torneo, os prebenxamíns, non conseguirían tampouco chegar a final, pero sí nos deleitarían cun emocionante derbi pola loita do terceiro e cuarto posto.

Xa poden ver no apartado GALERÍA todas as fotos do torneo.
Dende a directiva da S.D. Negreira queremos agradecer a todos os equipos, asistentes e colaboradores o seu apoio e desexámoslles unhas Boas Festas.

Resultados:

ALEVIN
Campeón: Bertamiráns C.F.
Subcampeón: Xallas C.F.
Campeón Trofeo Consolación: S.D. Negreira "A"

BENXAMIN
Campeón: Villestro S.D.
Subcampeón: S.D. Negreira

PREBENXAMIN
Campeón: Xallas C.F.
Subcampeón: Villestro S.D.